Na escola temos a sorte de contar con familias voluntarias en diferentes proxectos e fixemos unha colaboración coa ONG "Da man". Verónica Abal, forma parte da directiva desta entidade. Colaboran de maneira voluntaria en labores médico-sanitarias en Senegal, país ao que viaxa cada ano para participar en proxectos de colaboración internacional.
A nosa pequena achega a esta ONG consistiu en pintar mochilas para regalar aos nenos e nenas de Senegal, no mes de xaneiro.
Verónica xa voltou da súa viaxe e contounos como recibiron todos os nenos e nenas as nosas mochilas e tamén nos contou como é a vida neste país.


No hay comentarios.:
Publicar un comentario