Esta semana, o alumnado de 5º de primaria realizou un obradoiro de formación no manexo da radio escolar. Primeiro tiveron unha sesión teórica e despois pasaron a poñer en práctica estes coñecementos.
Elaboraron un guión dun programa de radio por equipos. Gravaron e sentíronse verdadeiros locutores e locutoras. Resultou moi motivador e todo o alumnado quedou con ganas de realizar máis programas de radio.
Deixámosvos un vídeo dos momentos de gravación deste alumnado:
Grazas alumnado de 5º EP!!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario