sábado, 1 de febrero de 2025

CHALLENGE FRIAN FEBREIRO

 

 

Coñeces 20.000 leguas de viaxe submariña? É un libro moi interesante que escribira Xulio Verne. É unha boa recomendación para ler. 
  
Nel, o capitán Nemo e a súa tripulación navegan os mares a bordo do SUBMARIÑO NAUTILUS. Na historia conta que saíron de Vigo e fixeron un percorrido por todo o mundo.   
  
Entre as súas paradas atopamos os arrecifes do mar Caribe, nas costas de Cuba. Sabes onde está? É un lugar onde existen paisaxes idílicas e praias onde relaxarse (se non veñen os piratas).
  • Pregunta 1:  Cal é a especie de coral máis característica dos arrecifes do Mar Caribe?
  • Pregunta 2:  A que reino dos seres vivos pertencen os corais?

ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!

2 comentarios:

  1. 5ºA di que chámase Acropora palmata e que os carales son seres vivos e pertencen ao reino animal. Están formados de miles de indiciduos e aliméntanse de placton e algas unicelulares.

    ResponderBorrar
  2. A aula de 6ºA descubriu as respostas:
    1. Acropora Palmata ou Coral Corno de Alce.
    2. Pertencen ao reino animal.

    ResponderBorrar