jueves, 30 de enero de 2025

DÍA DA PAZ: UN BOCATA UN ANACO DE ILUSIÓN

 Hoxe, 30 de xaneiro, festexamos un día moi especial onde todos e todas participamos para levar a cabo un día de convivencia e solidariedade colaborando coa Asociación Vida Digna de Vigo.

Levamos a cabo a iniciativa dun "Bocata solidario". Cada aula encargouse dunha tarefa, desde elaborar os presupostos, calcular as cantidades necesarias de produtos, ir ao supermercado, organizar os espazos para o repartimento ata  facer as ventas neste día tan sinalado.

Vendemos os bocatas por un prezo simbólico entre o alumnado e o profesorado  e toda a cantidade recadada foi para entregar á Asociación Vida Digna.









Foron especiais os bocatas solidarios!



Grazas comunidade educativa de Frian!!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario