Hoxe realizamos unha xuntanza na biblioteca para agradecer a participación dos voluntarios e voluntarias durante todo o curso. Realizaron un traballo excelente: formación de usuarios, colaboración nas celebracións do cole, lecturas compartidas, empréstitos, actividades sociocomunitarias, organización da biblioteca...
Quixemos recoñecer o seu grande labor cun diploma acreditativo do seu traballo e un pequeno agasallo pola súa implicación.
Por unha banda, despedimos aos voluntarios e voluntarias de sexto desexándolles moita sorte na súa nova etapa de secundaria. Pola outra banda, despedimos ao voluntariado de quinto ata o próximo curso.
GRAZAS VOLUNTARIADO!!

No hay comentarios.:
Publicar un comentario