sábado, 24 de octubre de 2020

Biblioteca creativa: maker space

 

Comezamos o curso  cunha boísima noticia . Este curso fomos  seleccionados para participar  no proxecto "BIBLIOTECA CREATIVA".Un proxecto que nos dará moitas posibilidades e recursos para aprender e traballar: robótica, materiais maker , impresión 3D...

 O curso pasado comezamos creando o recuncho maker da nosa biblioteca.Un espazo con diferentes materiais e recursos que nos axuden a crear cousas por nós mesmos. A robótica ademais levábase a cabo en infantil na sesión de TICS e tamén en Primaria a través de M-Bots e a súa creación.

Este curso pola situación COVID o recuncho maker tivo que inhabilitarse por non poder compartir materiais entre todo o alumnadx, por iso buscouse outra alternativa. En Educación Infantil os materiais maker serán distribuidos por aulas e espérase poder facer o mesmo en Primaria e coa axuda deste proxecto será aínda mais viable e moito mais productivo.

Aquí vos amosamos algunhas das actividades que xa comezaron a levar a cabo algúns cativos dos mais pequenos do cole. Aínda nos queda moito que aprender , gozar e traballar pero como sempre estamos mais que preparados para facelo!!!!

       

No hay comentarios.:

Publicar un comentario