viernes, 27 de noviembre de 2020

VOLTA AO RECUNCHO MAKER NESTE CURSO INUSUAL

Os cativos de Educación Infantil gozan moito do recuncho maker e dos recursos e materiais que estes lles ofrece. Ademais de poder utilizar todos estos materiais na aula de xeito mÁis individual ,tamén o poden facer directamente no recuncho habilitado na biblioteca para tal fin. 


A situación pola pandemia do Covid , limita moito a utilización de espazos comúns, pero seguindo unhas normas hixiénicas básicas, evitando máis dun grupo diario , e seguindo co protocolo adecuado, podemos seguir gozando con todas estas actividades que tanto nos gustan e cas que tanto aprendemos.  


    Este tipo de materiais e espazos nos permiten deixar de lado por un intre os contidos currículares e traballar de xeito vivencial e manipulativo que é en definitiva a base de todo aprendizaxe.


        

 

No hay comentarios.:

Publicar un comentario