jueves, 29 de octubre de 2020

ESTA SEMANA... PELI DE MEDO

Esta ano a festa do Samaín e de Halloween será ben diferente ao que estamos acostumados. Pero non  imos deixar de pasar un rato divertido. Por iso, esta semana Frianciño recomendaos a película:

"Pesadillas 2. Noche de Halloween" 

Trátase dunha comedia de terror, baseada nos libros de terror infantil de R.L. Stine.

Conta a historia de dous nenos que liberan accidentalmente a todos os monstros, demos e criaturas fantasmais no seu pobo, despois de abrir un libro inédito de pesadelos titulado "Halloween embruxado", causando un gran caos na noite de Halloween.

Unha comedia de aventuras na que o humor minimiza os momentos de medo, e que transmite valores como o traballo en equipo ou a importancia das relacións entre irmáns.

Aquí vos deixamos o trailer para que empecedes a rir e tremer.

Se queredes, ao rematar a película, podedes comentar no blogue que foi o que máis vos gustou, se pasastes un pouquiño de medo ou algunha lembranza das vosas festas de Samaín ou Halloween pasadas. 

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderBorrar
  2. Somos Izan e Leire de 4º B. Aínda que nos gustou máis a parte I de Pesadillas, a 2ª parte tamén é moi divertida. Non nos deu nada de medo porque nos encantan as películas de terror!!!A parte que máis nos gustou foi cando transformaron a nai dun dos protagonistas nunha boneca.
    As lembranzas mellores que temos da celebración de Halloween e cando fixemos unha festa pola tarde coa Anpa e participamos no concurso de disfraces e pasamos a tarde cos nosos compañeiros de clase.

    ResponderBorrar