viernes, 13 de noviembre de 2020

FLOAT ( VOA) E LOOP ( UNHA VOLTA )

 Disney e Pixar o volven facer creando dous emocionantes cortos que sen dúbida nos sacarán algunha que outra bágoa. Esta vez, os dous líderes das películas animadas producen unhas películas que van directas ao corazón e que seguramente conmoverán aos espectadores de todas as idades.

Trátase de dúas contrometraxes que , a pesar da súa corta duración , son unha concentración de sentimentos con un tema moi importante na sociedad actual :O AUTISMO

Entender, comprender e favorecer a inclusión das persoas con autismo e sobre todo traballar a empatía dos nosos pequenos na escola é tan importante como moitas das asignaturas que traballamos a diario .Debería ser  polo tanto un obxectivo fundamental para a escola e tamén para as familias. 



FLOAT ( VOA)

É unha adaptación da historia real de Bobby Rubio, director e autor do mesmo. Rubio decidiu contar a historia a súa familia e especialmente ao seu fillo Alex con autismo. Crecer cun neno con autismo convertiuse nun desafío como pai , pero un estímulo para contar unha historia fantástica e valente. 


LOOP (UNHA VOLTA)

Conta a historia dunha nena con autismo e un neno moi faladeiro que se unen para abordar un  paseo en canoa. Para completar a viaxe deberán aprender cómo vive e concibe o mundo a outra persoa. Unha historia que conta a vida cotiá de todos onde compre entender ás persoas que nos rodean  para superar os obstáculos que a vida pon ante nós.

Aquí vos deixamos o making de como se crearon as historia e as personaxes reais da mesma. 

                     


A través destas dúas cortometraxes navegaremos pola diversidade para romper as diferenzas que se constrúen , especialmente cando nos negamos a comprender as ideas e dificultades dos demais e non somos capace de poñernos no seu lugar. 


PROPOSTA : Os propoñemos unha pequena pero importante cuestión... Que faríades vós para intentar poñervos no lugar dalgunha das personaxes destas historias?

No hay comentarios.:

Publicar un comentario