domingo, 6 de diciembre de 2020

WONDER: UNHA RECOMENDACIÓN MOI ESPECIAL

Neste ponte de decembro , co día 3 de decembro tan preto, a recomendación de cine desta fin de semana non podería ser outra que Wonder .Unha película emotiva e cunha  mensaxe moi especial.


Wonder , é unha película que recomendamos para todas as familias.Non só nos mostra unha perspectiva dende un neno moi especial, senón que nos fai darnos conta que sendo amables podemos conseguir máis que con un montón de malas intencións.

Trátase dunha película dura,emocionalmente falando. Cóntanos a historia de August Pullman, un neno nacido con malformacións faciais e máis de 20 cirurxías que , ata agora,lle impediron ir á escola polo que a súa nai lle daba clases na casa.

Nesta nova etapa atoparase con malos compañeiros pero tamén descubrirá novos amigos. Aínda que sempre conta cun dos seus grandes pilares , que será a súa familia que o acompaña sempre.



Esta basada na premiada novela e best-seller escrita por R.J.Palacio. Tal foi o éxito da mesma que deu lugar a unha colección de libros do mesmo autor. Libros que nos falan da amabilidade, xenerosidade, coraxe e valentía  para afrontar e superar retos e problemas. Pero tamén para aceptar as diferencias e aceptarnos a nós mesmos tal e como somos  e abrirnos aos demais. 



PROPOSTA : Cómo actuarías ti para axudar a August a integrarse na escola? Non esquezas de enviarnos as túas responstas aquí no blogue. 

No hay comentarios.:

Publicar un comentario