miércoles, 28 de enero de 2026

XORNADAS DE BIBLIOTECA CREATIVA

 

Este mércores 28 de xaneiro tivo lugar en Santiago a Xornada de Biblioteca Creativa, na que puidemos aprender das tecedoras da nosa terra con poñentes moi interesantes como Manuel Rodríguez, o cal estivo en parte relacionado co obradoiro de Bea Lema "Bordar o camiño de volta á casa. Mapas téxtiles".  

Houbo outros obradoiros como o de Lucas Ramada "Xogar para falar de xogar: dispositivos didácticos e función dixital" no que nos falou de como poder levar o videoxogo a recunchos da biblioteca para poder achegarnos ao mundo do noso alumnado.  

Outras compañeiras foron a outros obradoiros moi interesantes como os de Cristina González (Arte Garabato) e Lucía Romaní, nos que aproveitaron libros de expurgo para facer verdadeiras obras de arte; ou deseñaron libros diferentes con recortes, perspectivas e moita imaxinación. 

 Finalizamos a xornada escoitando a compañeiras do CEIP O Cervo e do IES Ribeira do Louro, as cales nos contaron como dinamizan a súa biblioteca escolar. 



       
   
            
 
 
       Foi unha xornada moi interesante para aprender e                                enriquecernos entre todos e todas. 

No hay comentarios.:

Publicar un comentario