Dentro do programa "Biblioteca Creativa" tivemos a sorte de pasar unha xornada enteira desfrutando dos xogos de Brazolinda.
A proposta educativa de Brazolinda baséase no uso do xogo como ferramenta de aprendizaxe, convivencia e transmisión da cultura galega. A través dos seus xogos, o alumnado desenvolve habilidades como o razoamento, a observación, a motricidade, a cooperación e a comunicación. Ademais, os materiais están deseñados en galego e incorporan aspectos da nosa tradición, da mitoloxía e do patrimonio cultural, contribuíndo á normalización da lingua dun xeito lúdico e motivador. Brazolinda promove unha aprendizaxe activa e compartida, na que nenos, nenas e persoas adultas poden aprender e divertirse xuntos, fortalecendo os lazos sociais e o gusto polo noso patrimonio cultural.
Todas as nenas e nenos da escola desfrutaron dunha xornada diferente chea de xogos, miradas compartidas e aprendizaxes!!



No hay comentarios.:
Publicar un comentario