Hoxe realizamos o último obradoiro do programa Lectura e Familia, "Ioga na contorna", da man de Natalia González Montero.
Natalia comezou o obradoiro coa lectura do conto "Yo soy paz" porque todos e todas somos un recuncho de paz.
Continuou cun montón de xogos con posturas de ioga. Despois elaboramos un xogo anti stress para voltear á calma nos momentos de inquietude.
Rematamos cun masaxe onde peques e maiores se relaxaron.
Namasté Nati e grazas a todas as familias participantes!
Foi un pracer!


No hay comentarios.:
Publicar un comentario