Xa están medrando as nosas plantas!
Que bonito queda o campo cando isto ocorre!E que importante é para todos e todas nós!
Isto xa o sabía Joaquín Sorolla, que pintou escenas do campo e da vida rural en España. Coñeces a este pintor? Investiga sobre as súas pinturas!
👉 E agora vén a pregunta do noso concurso:
QUE CORES USABA PARA MOSTRAR O SOL E A NATUREZA?
*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou na caixa da biblioteca.
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
Joaquín Sorolla empregou unha paleta de cores moi luminosa para os seus cadros sobre a vendima. Entre esas cores usou gamas de blancos de moitos matices; gamas de rosas, laranxas e malvas para os fondos, e azuis e verdes para ceos e natureza; gamas de amarelos, laranxas e pardos para as figuras...
ResponderBorrarO alumnado de 6ºB investigou que J. Sorolla dominaba a arte de capturar a luz do Mar Mediterráneo, utilizando unha paleta que reflexaba a calidez e claridade do sol sobre a agua. O seu uso do azul en todas as súas tonalidades, dende o azul profundo do mar ata os reflexos turquesa e verdes, é unha constante na súa obra xunto cos cores amarelos e brancos.
ResponderBorrarEmpregou cores moi luminosos para os seus cadros sobre a vendima. Entre esas cores usou blancos, rosas, laranxas e malvas para os fondos. Usou azuis e verdes para ceos e natureza.
ResponderBorrar