Durante a celebración da Semana Cultural Do Libro e Das Letras Galegas fixemos unha recompilación, a través da colaboración das familias, das coplas que cantaban as avoas cando eran mozas ou as coplas que lles cantaban a elas.
Enviamos un modelo a cada familia e a participación foi un éxito. Enchemos os corredores do cole con todas as pandeiretas cheas de coplas enviadas polas avoas do alumnado do cole.
Foi unha homenaxe a todas as xeracións de mulleres cantareiras de Galicia.
Grazas avoas!! Sempre nos nosos corazóns!!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario