sábado, 17 de mayo de 2025

FOLIADA EN FRIAN!


Rematamos a Semana Cultural do Libro e das Letras Galegas, como non podía ser doutro xeito, cunha foliada. Tivemos a sorte de contar coa visita das cantareiras "Augas de Maio", das que forma parte Alba, unha alumna de sexto de primaria. 

Foi unha homenaxe a todas as mulleres que transmitiron a nosa tradición oral a través de xeración en xeración. 

Compartimos un vídeo da súa actuación:


Grazas por estar connosco, por compartir as vosas coplas, pandeiretas e por facernos pasar unha foliada inesquecible.


Grazas Augas de Maio!



Nesta foliada de despedida da Semana Cultural do Libro e das Letras Galegas, ademais das cantareiras Augas de Maio, tamén tivemos a sorte de contar coas nosas propias cantareiras, Candela e Lola, alumnas de terceiro.
 Elas forman parte da nova xeración de mulleres que continuarán coa transmisión da nosa cultura.



Compartimos un vídeo da súa actuación:

Grazas as nosas cantareiras do cole!




Durante a foliada o alumnado estivo acompañando ao grupo das cantareiras coas pandeiretas realizadas, na semana anterior, no obradoiro co ilustrador Federico Fernández. 




Despois da actuación das cantareiras, cada aula recitou a súa copla acompañada co son das súas pandeiretas.
Resultou unha xornada inesquecible!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario