Hoxe recibimos a visita da escritora Amalia Pérez Otero na vosa biblioteca. Levou a cabo dous obradoiros co noso alumnado. Por unha banda, realizou unha xuntanza co alumnado de E.I e do primeiro ciclo de E.P. Contounos unha morea de cousas sobre os seus libros e escoitamos moitas aventuras das nosas illas, dos trasnos e ensinounos a coñecer mellor a nosa contorna.
Encantounos a súa maneira de contar contos. Participamos todos e todas coas súas aventuras e cos seus libros tan especiais.
Compartimos un vídeo deste obradoiro e do ben que o pasamos xuntos:
Despois deste obradoiro cos máis pequenos do cole, realizou unha xuntanza co alumnado voluntario de 6º de EP. Compartiu técnicas e estratéxicas para contar contos, con recursos moi motivadores, e captar á atención do alumnado dun xeito efectivo. Puxemos en práctica estas ferramentas que nos explicou coa realización dun conto participando todos e todas.
Amosamos un pequeno vídeo deste obradoiro:
Moitas grazas Amalia polas túas marabillosas historias e por compartir con nós as túas estratexias para contar contos que chegan moi lonxe!!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario