Hoxe o alumnado do cole gozou dun obradoiro sobre o funcionamento do equipo de salvamento marítimo da Xunta de Galicia. Contado en primeira persoa por un rescatador do equipo de salvamento, pai dun alumno e dunha alumna de Frian. Deste xeito aproveitamos recursos humanos da nosa comunidade educativa para descubrir novas do PDI que levamos a cabo este ano: "Mares e océanos, un recurso vital".
Guillermo explicounos como é o día a día do seu traballo, ensinounos o seu equipamento e o alumnado puido ver e incluso probar estes elementos.
Grazas Guillermo por achegarnos unha profesión tan difícil, pero tan importante. Por concienciarnos sobre o respecto ao mar, por trasladar a importancia do traballo en equipo e sobre todo por compartir co noso cole a túa paixón polo teu traballo.
Compartimos un vídeo desta experiencia tan motivadora:
GRAZAS GUILLERMO!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario