Continuamos coa Semana Cultural do Libro e das Letras Galegas. Hoxe viaxamos a través da poesía oral, transmitida de xeración en xeración polas cantareiras ou pandeireteiras da nosa historia popular galega.
O mércores 23 e o luns 28 fixemos o mesmo obradoiro, repartido en dous días pola cantidade de alumnado que temos no centro.
O alumnado voluntario da biblioteca, como cada mañá, anuncia por megafonía a orde do día. Informaron das actividades a realizar na xornada para unha mellor organización e remataron a emisión cun conto radiofónico.
Iniciamos o obradoiro cunha pequena representación para dar a coñecer, ao alumnado, ás mulleres cantareiras ás que se lle dedica o Día das Letras Galegas no 2025. Coñecemos algúns datos das súas vidas e como transmitiron as súas coplas, ritmos, bailes, contos... ata os nosos días.
Amosamos a nosa exposición bibliográfica que usamos para traballar a historia das cantareiras:
As mestras do equipo de biblioteca e dúas alumnas cantareiras do centro, levaron a cabo a breve representación ao inicio do obradoiro:
Compartimos con todas e todos vós a nosa representación, inspirándonos na obra de Paula Carballeira:
Despois desta pequena representación, levamos a cabo o obradoiro con Federico Fernández cunha proposta artística na que o alumnado elaborou a súa propia pandeireta.
Amosamos como resultou este obradoiro:
E así quedaron as nosas propias pandeiretas, por un lado representamos a unha cantareira e polo outro lado escribimos a copla que cada aula elixiu. Deste xeito, coas nosas pandeiretas imos acompañar ás cantareiras do grupo AUGAS DE MAIO cando asistan ao noso cole para realizar unha foliada.
Grazas Federico polo teu obradoiro!
e
Grazas ao alumnado e ao profesorado por estes días inesquecibles nos que formamos unha verdadeira comunidade!!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario