viernes, 25 de abril de 2025

25 DE ABRIL: APADRIÑAMENTO LECTOR E FLASHMOB


Seguimos celebrando a Semana do Libro e das Letras Galegas. Hoxe levamos a cabo o Apadriñamento Lector.

 O alumnado voluntario da biblioteca, como cada mañá, anuncia por megafonía a orde do día. Informan das actividades a realizar na xornada para unha mellor organización e rematan a emisión cun conto radiofónico.



Uns días antes do Apadriñamento Lector, fixemos a xuntanza das distintas clases para que padriños e madriñas coñeceran aos seus afillados e afilladas. Intercambiaron información sobre os seus gustos literarios e quedaron os maiores de recoller nas aulas aos máis pequenos.

Amosamos eses encontros entre compañeiros do cole:


O Apadriñamento Lector é unha experiencia para o fomento da lectura, pero que conleva outras aprendizaxes significativas a partir de emocións que xorden da cooperación e a creación de lazos afectivos entre o alumnado.

Viñemos todos e todas disfrazados de personaxes de contos, eliximos o espazo no patio e a deixar voar a imaxinación coa lectura de contos.

 Amosamos esta experiencia tan inesquecible:



Houbo intercambio de agasallos:


Así quedou o patio cheo dos libros que lemos no apadriñamento lector:





Rematamos o apadriñamento lector cun flashmob, porque os libros non só se len, tamén se cantan e se bailan. Bruxas, carapuchiñas, animais, fadas, magos, ... e unha morea de personaxes de contos unímonos a cantar e bailar.



Grazas ao noso voluntariado de 5º de primaria por organizar este flashmob tan divertido:



Grazas Frian por esta experiencia tan especial!!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario