martes, 22 de abril de 2025

22 DE ABRIL: COMEZAMOS A SEMANA CULTURAL DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS CO OCÉANO DAS NOSAS VIVENCIAS LITERARIAS




 A proposta  deste ano para a celebración do Día Internacional do Libro e do Día das Letras Galegas é facer unha Semana Cultural unindo os libros ca lingua e tradición galega, neste caso, poesía e música.

Traballaremos a literatura escrita unida a literatura oral tradicional de Galicia porque a literatura non só é a que se escribe, tamén é a que se canta e se baila.

 O alumnado voluntario da biblioteca durante esta semana, cada mañá, anuncia por megafonía a orde do día. Informan das actividades a realizar na xornada para unha mellor organización e rematan a emisión cun conto radiofónico.

Prestade moita atención: 



Hoxe comezamos esta Semana Cultural expresando o que significa un libro para cada un de nós. Alumnado, profesorado e familias enchemos de emocións os Paneis do Océano das Nosas Vivencias Literarias, respondendo á pregunta:

QUE É UN LIBRO PARA TI?



Así luciron os nosos paneis no patio do colexio:








 Quedou demostrado que un libro pode ser unha morea de cousas extraordinarias...

Amosamos as nosas opinións no seguinte vídeo:



Na porta da nosa biblioteca hai un test de lectura. 
Es un bo lector? 
Pensas que es unha boa lectora?

Anímate a facelo!



Grazas comunidade educativa pola vosa colaboración!!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario