miércoles, 23 de abril de 2025

23 DE ABRIL: FELIZ DÍA DO LIBRO!


Hoxe celebramos o Día do Libro  expresando os nosos gustos literarios. Como non podía ser de outro xeito, centrándonos no PDI deste ano: "Mares e océanos: un recurso vital" elaboramos unha instalación artística, as Medusas Literarias.

Medusas de moitas cores, gustos e emocións,  expresadas a partir da elaboración  das portadas dos nosos libros favoritos. Estas portadas utilizan o espazo da instalación como un medio para transmitir ideas, xerar emocións e provocar reflexións. Toda unha obra artística onde cada neno e nena forma parte dela.

O alumnado voluntario da biblioteca durante esta semana, como cada mañá, anuncia por megafonía a orde do día. Informan das actividades a realizar na xornada para unha mellor organización e rematan a emisión cun conto radiofónico.

Prestade moita atención: 


Cada clase elaborou a súa Medusa Literaria e enchemos a entrada do cole dun océano cheo dos nosos libros, contos e personaxes favoritos.





Amosamos o noso traballo no seguinte vídeo:

Hoxe, tamén sucedeu unha cousa moi estraña no cole. As paredes apareceron empapeladas. Non temos nin idea de quen puido ser o que o fixo. Pensamos que Frianciño, o noso mouchiño, ten algo que ver neste feito. Seguro que é un regalo para cada un de nós polo Día do Libro.

Anímate a coller o teu agasallo:



Así resultou a actividade:




Feliz día do libro a todos e todas!

Grazas libros por formar parte das nosas vidas, permitirnos soñar cos ollos abertos e viaxar sen fin!!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario