ETIQUETAS
- AGORA CONTAMOS TODOS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- AVALIACIÓN
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAIXAS TEMÁTICAS
- CELEBRACIÓNS
- CONCURSOS
- CÓNTOCHO EU
- DÍGOCHO EU
- FICCIÓN DIXITAL
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- FORO
- FRIANCINE
- HORA DE LER
- LECTURA E FAMILIAS
- LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
- MAKER SPACE
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- NOTICIEIRO
- NOVOS ESPAZOS
- PDI
- PRÉSTAMO
- RADIO ESCOLAR
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS ONLINE
- VENRES DE VIVA VOZ
- VISITAS
- VOLUNTARIADO
miércoles, 30 de abril de 2025
LEDICIA COSTAS VISITA A NOSA BIBLIOTECA
FRIAN CHALLENGE MAIO
FRIAN CHALLENGE MAIO
Sabedes que un mergullador é alguén que pode baixar ás profundidades dos mares e océanos, usando un escafandro ou botella de osíxeno para respirar baixo a auga.
En Cesantes, cerca de Redondela, hai unha escultura ao Capitán Nemo e aos seus mergulladores. Víchela algunha vez? Só pode verse coa marea baixa.
Os peixes non necesitan escafandro ou botellas de osíxeno para respirar, verdade?
PREGUNTA 1: SABEDES COMO SE CHAMAN AS PARTES DOS PEIXES QUE FAN POSIBLE QUE RESPIREN BAIXO A AUGA?
PREGUNTA 2: CADA CANTAS HORAS SUBE OU BAIXA A MAREA?
ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
lunes, 28 de abril de 2025
23 E 28 DE ABRIL: CANTAREIRAS E OBRADOIRO DE FEDERICO FERNÁNDEZ
viernes, 25 de abril de 2025
25 DE ABRIL: APADRIÑAMENTO LECTOR E FLASHMOB
Seguimos celebrando a Semana do Libro e das Letras Galegas. Hoxe levamos a cabo o Apadriñamento Lector.
O alumnado voluntario da biblioteca, como cada mañá, anuncia por megafonía a orde do día. Informan das actividades a realizar na xornada para unha mellor organización e rematan a emisión cun conto radiofónico.
jueves, 24 de abril de 2025
24 DE ABRIL: PREPARANDO AGASALLOS!
Hoxe dedicamos a xornada a preparar os agasallos de intercambio para o Apadriñamento lector que levaremos a cabo mañá venres.
O alumnado voluntario da biblioteca, como cada mañá, anuncia por megafonía a orde do día. Informan das actividades a realizar na xornada para unha mellor organización e rematan a emisión cun conto radiofónico.
miércoles, 23 de abril de 2025
23 DE ABRIL: FELIZ DÍA DO LIBRO!
Hoxe celebramos o Día do Libro expresando os nosos gustos literarios. Como non podía ser de outro xeito, centrándonos no PDI deste ano: "Mares e océanos: un recurso vital" elaboramos unha instalación artística, as Medusas Literarias.
Medusas de moitas cores, gustos e emocións, expresadas a partir da elaboración das portadas dos nosos libros favoritos. Estas portadas utilizan o espazo da instalación como un medio para transmitir ideas, xerar emocións e provocar reflexións. Toda unha obra artística onde cada neno e nena forma parte dela.
O alumnado voluntario da biblioteca durante esta semana, como cada mañá, anuncia por megafonía a orde do día. Informan das actividades a realizar na xornada para unha mellor organización e rematan a emisión cun conto radiofónico.
Prestade moita atención:
martes, 22 de abril de 2025
22 DE ABRIL: COMEZAMOS A SEMANA CULTURAL DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS CO OCÉANO DAS NOSAS VIVENCIAS LITERARIAS
.gif)
A proposta deste ano para a celebración do Día Internacional do Libro e do Día das Letras Galegas é facer unha Semana Cultural unindo os libros ca lingua e tradición galega, neste caso, poesía e música.
Traballaremos a literatura escrita unida a literatura oral tradicional de Galicia porque a literatura non só é a que se escribe, tamén é a que se canta e se baila.
O alumnado voluntario da biblioteca durante esta semana, cada mañá, anuncia por megafonía a orde do día. Informan das actividades a realizar na xornada para unha mellor organización e rematan a emisión cun conto radiofónico.
Prestade moita atención: