miércoles, 16 de noviembre de 2022

VOLUNTARIADO BIBLIOTECARIO: COMEZAMOS E CONVIVIMOS

Esta semana o alumnado de 5º e 6º comezou o voluntariado lector . Neste curso os dous cursos levarán a cabo o voluntariado de forma conxunta apoiándose e solventando dúbidas entre todos e todas. Unha oportunidade para crear equipo e fomentar as boas relacións entre o noso alumnado.

Antes de comezar dende a BE quixemos facerlles entrega dun agasallo por todo o que nos axudan na organización da biblioteca e que lles servirá para iniciar esta labor aínda máis motivados e entregados.






No hay comentarios.:

Publicar un comentario