RECOMENDACIÓNS
- AGORA CONTAMOS TODOS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- AVALIACIÓN
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAIXAS TEMÁTICAS
- CELEBRACIÓNS
- CONCURSOS
- DÍGOCHO EU
- FICCIÓN DIXITAL
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- FORO
- FRIANCINE
- HORA DE LER
- LECTURA E FAMILIAS
- LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
- MAKER SPACE
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- NOTICIEIRO
- NOVOS ESPAZOS
- ODESéate
- PDI
- PRÉSTAMO
- RADIO ESCOLAR
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS ONLINE
- VENRES DE VIVA VOZ
- VISITAS
- VOLUNTARIADO
lunes, 30 de noviembre de 2020
sábado, 28 de noviembre de 2020
EDUCANDO CONTRA A VIOLENCIA , EDUCANDO EN IGUALDADE : 25 DE NOVEMBRO
Este 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero , loitando todos os días por un mundo onde a igualdade de xénero sexa cada vez máis real. Os nenos e nenas son a esperanza de que isto cada vez sexa máis e máis posible.
Por iso dende Friancine vos queremos recomendar dous cortos dende dúas perspectivas ben diferentes pero que sen dúbida nos farán reflexionar.
Neste primeiro corto de animación unha pequena nena loita por acultar as sinais dun maltrato pero a súa mestra acaba por darse conta e axuda a pequena dándolle o amor que tanto precisa nestes momentos.
Neste segundo curtometraxe realizado pola productora ManodeSanto relata e describe con precisión a apariencia de " falsa normalidade " que ocorre nalgunhas situacións de violencia de xénero e por desgracia as situacións que teñen que vivir os menores en moitos fogares.
viernes, 27 de noviembre de 2020
VOLTA AO RECUNCHO MAKER NESTE CURSO INUSUAL
Este tipo de materiais e espazos nos permiten deixar de lado por un intre os contidos currículares e traballar de xeito vivencial e manipulativo que é en definitiva a base de todo aprendizaxe.
jueves, 26 de noviembre de 2020
VIVAN LAS UÑAS DE COLORES: 4 ANOS B
O conto Vivan las uñas de colores, editado por Nube Ocho e ilustrado por Gusti, fala do valor da diferencia, do respeto, da tolerancia , da solidariedade e a igualdade .
O fai a través da historia de Juan que quere pintarse as uñas e ve como os demais se meten con el.Un conto basado nunha historia real.
Juan triste acude aos seus pais que o animan a que o importante é ser un mesmo. Pero o medo ao rechazo fai que pinte as uñas na casa pero non cando sae dela.
Os pequenos de 4 anos B quedaron encantados coa lectura deste álbum ilustrado e non quixeron perder a oportunidade de recomendalo a todxs os nenxs e familias do Frian.
miércoles, 25 de noviembre de 2020
BIBLIOTECA CREATIVA : COMEZAMOS
Este curso estamos de noraboa e nos seleccionaron para participar no proxecto Biblioteca Creativa de Bibliotecas escolares. Este martes comezamos coa primeira sesión de formación de profesorado que despois trasladeremos aos nosos alumnos con actividades diversas e motivadoras.
PEPUKA E O MONSTRO QUE SE LEVOU O SEU SORRISO
Para o 25 de novembro os cativos de 5 anos B quixeron recomendar un conto que lles encanta . Un conto onde a protagonista sufre violencia de xénero pero cun final feliz. Aquí vos deixan a súa recomendación e as razóns de porque lles gusta este conto.
martes, 24 de noviembre de 2020
O FRIAN EN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Outro ano máis no Frian queremos deixar a nosa pequena pegada para conmemorar o día 25 de novembro contra a violencia de xénero. Queremos rendir unha pequena homenaxe a todas aquelas víctimas que non o poden contar, ou aquelas que aínda o están sufrindo.
As nosas mans son un reflexo de todo o bo e o malo que podemos facer con elas. O noso alumnado xa o sabe e por iso queremos gritar a viva voz que estamos " Contra a violencia de xénero", pero non só neste 25 de novembro senón sempre.
Aquí vai o nosa pequena aportación .
domingo, 22 de noviembre de 2020
5ºA E OS XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS
En 5º este ano imos a investigar os xéneros cinematográficos.
Comezamos a nosa investigación coñecendo a orixe e os inventos
relacionados coa historia do cine.
Queremos informarnos e descubrir cal foi o primeiro xénero
que iniciou a historia do cinema.
Faremos un percorrido pola historia en dúas entregas.
Esta semana 5ºA grava a primeira entrega desta historia
apaixonante.
GRAZAS 5ºA
Bo traballo!!
miércoles, 18 de noviembre de 2020
UN PASO MÁIS NA ANIMACIÓN 6º B
En 6ºB seguimos investigando o cine de animación. Hoxe 6ºB fai unha nova entrega desta investigación. Non vos perdades este novo vídeo se queredes estar ao día no tema apaixonante do cinema.
GRAZAS 6ºA
MOI BO TRABALLO!!
CINE DE ANIMACIÓN 6º A
En 6º este ano imos a investigar o cine de animación. Queremos facer a nosa propia película e para iso primeiro hai que informarse moi ben. Hoxe 6ºA fai a primeira entrega desta investigación. Estade atentos a este vídeo, segurísimo que aprendes un montón de cousas sobre o mundo do cinema.
GRAZAS 6ºB
MOI BO TRABALLO!!
viernes, 13 de noviembre de 2020
FLOAT ( VOA) E LOOP ( UNHA VOLTA )
Disney e Pixar o volven facer creando dous emocionantes cortos que sen dúbida nos sacarán algunha que outra bágoa. Esta vez, os dous líderes das películas animadas producen unhas películas que van directas ao corazón e que seguramente conmoverán aos espectadores de todas as idades.
Trátase de dúas contrometraxes que , a pesar da súa corta duración , son unha concentración de sentimentos con un tema moi importante na sociedad actual :O AUTISMO
Entender, comprender e favorecer a inclusión das persoas con autismo e sobre todo traballar a empatía dos nosos pequenos na escola é tan importante como moitas das asignaturas que traballamos a diario .Debería ser polo tanto un obxectivo fundamental para a escola e tamén para as familias.
FLOAT ( VOA)
É unha adaptación da historia real de Bobby Rubio, director e autor do mesmo. Rubio decidiu contar a historia a súa familia e especialmente ao seu fillo Alex con autismo. Crecer cun neno con autismo convertiuse nun desafío como pai , pero un estímulo para contar unha historia fantástica e valente.
LOOP (UNHA VOLTA)
Conta a historia dunha nena con autismo e un neno moi faladeiro que se unen para abordar un paseo en canoa. Para completar a viaxe deberán aprender cómo vive e concibe o mundo a outra persoa. Unha historia que conta a vida cotiá de todos onde compre entender ás persoas que nos rodean para superar os obstáculos que a vida pon ante nós.
Aquí vos deixamos o making de como se crearon as historia e as personaxes reais da mesma.
A través destas dúas cortometraxes navegaremos pola diversidade para romper as diferenzas que se constrúen , especialmente cando nos negamos a comprender as ideas e dificultades dos demais e non somos capace de poñernos no seu lugar.
PROPOSTA : Os propoñemos unha pequena pero importante cuestión... Que faríades vós para intentar poñervos no lugar dalgunha das personaxes destas historias?
Diversión e risas na hora de ler
O alumnado de 2ºA aproveita moi ben a hora de ler utilizando moitas das dinámicas propostas. Unha boa ronda de chistes ou crear as súas propias historias e personaxes , son algunhas das dinámicas que levaron a cabo nestas semanas. Noraboa rapaces!!!!
A HORA DE LER : FOMENTANDO A LECTURA
A hora de ler non debe ser só 20 min para a lectura libre ou dirixida, senón que debe incluir todas aquelas actividades variadas, motivadoras e divertidas que nos axuden a fomentar a lectura e o gusto por ela. Un momento da xornada onde a lectura se convirta nun momento de diversión.
No Frian propoñemos unha serie de dinámicas de fomento da lectura para os nosos cativos que se poden levar a cabo na hora de ler.
sábado, 7 de noviembre de 2020
COMEZAMOS CO PRÉSTAMO " LIBROS QUE VAN E VEÑEN"
A semana pasada deu comezo o préstamo na nosa biblioteca coa iniciativa " Libros que van e veñen". Neste curso por motivo do Covid só o realizaremos de xeito quincenal para así poder desinfectar correctamente os libros e gardar as medidas necesarias para garantir a seguridade de todos e todas.
Os nosos cativos están encantados co préstamo e levar contos da biblioteca para casa é toda unha aventura para eles. Tanto para ler eles como para que lles conten, tendo así a posibilidade de levar gran variedade de lecturas como narrativa, banda deseñada, consulta ...
Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como o disfrutaron os pequenos de infantil.
lunes, 2 de noviembre de 2020
domingo, 1 de noviembre de 2020
Mochilas viaxeiras en Educación Infantil
A semana pasada coa celebración do día das Bibliotecas Escolares arrincaba o noso proxecto Un ano de película.
Un título que cando o decidimos non imaxinabamos que certamente nos esperaba un curso digno de rodar unha película polas circunstancias tan estranas que vivimos. Pero como sempre, dende o colexio, seguimos traballando para que as nenas e os nenos poidan seguir gozando de todas as actividades; con todas as garantías e medidas hixiénico-sanitarias.
Esta semana en Educación Infantil empezaron tamén as mochilas viaxeiras, que xa se atopan nos fogares de 6 familias para compartir todas as propostas que no seu interior hai, que vos permitirán viaxar e imaxinar grazas a marabillosas lecturas, tanto para pequenos como maiores.
No colexio esperamos as vosas vivencias e anécdotas con ilusión. Gozádeas!
Hai grandes libros no mundo e grandes mundos nos libros!