domingo, 1 de noviembre de 2020

Mochilas viaxeiras en Educación Infantil

A semana pasada coa celebración do día das Bibliotecas Escolares arrincaba o noso proxecto Un ano de película.


Un título que cando o decidimos non imaxinabamos que certamente nos esperaba un curso digno de rodar unha película polas circunstancias tan estranas que vivimos. Pero como sempre, dende o colexio, seguimos traballando para que as nenas e os nenos poidan seguir gozando de todas as actividades; con todas as garantías e medidas hixiénico-sanitarias.


Esta semana en Educación  Infantil empezaron tamén as mochilas viaxeiras, que xa se atopan nos fogares de 6 familias para compartir todas as propostas que no seu interior hai, que vos permitirán viaxar e imaxinar grazas a marabillosas lecturas, tanto para pequenos como maiores.


No colexio esperamos as vosas vivencias e anécdotas con ilusión. Gozádeas!

Hai grandes libros no mundo e grandes mundos nos libros!


 

No hay comentarios.:

Publicar un comentario