sábado, 7 de noviembre de 2020

COMEZAMOS CO PRÉSTAMO " LIBROS QUE VAN E VEÑEN"

  A semana pasada deu comezo o préstamo na nosa biblioteca coa iniciativa " Libros que van e veñen". Neste curso por motivo do Covid só o realizaremos de xeito quincenal para así poder desinfectar correctamente os libros e gardar as medidas necesarias para garantir a seguridade de todos e todas.

Os nosos cativos están encantados co préstamo e levar contos da biblioteca para casa é toda unha aventura para eles. Tanto para ler eles como para que lles conten, tendo así a posibilidade de levar gran variedade de lecturas como narrativa, banda deseñada, consulta ...

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como o disfrutaron os pequenos de infantil. 









No hay comentarios.:

Publicar un comentario