viernes, 15 de mayo de 2026

IRENE ALONSO VISITA O COLE

 O alumnado de terceiro de primaria realizou a lectura colectiva do libro Refugallo o espantallo, e hoxe tiveron a sorte de contar cun obradoiro da súa autora, Irene Alonso.

Irene Alonso cóntanos a historia de Comba, unha nena especial que sofre bulling na escola porque sempre está recollendo materiais de refugallo para facer un espantallo. A idea do libro é falar da reutilización dos materiais.
Neste obradoiro realizaron xogos e remataron coa realización dunha manualidade. Como non podía ser doutro xeito fixeron  unha buxaina reutilizando tapas de botellas plásticas.

GRAZAS IRENE ALONSO POLO TEU TRABALLO!

HOXE XOGAMOS CON BRAZOLINDA

 Dentro do programa "Biblioteca Creativa" tivemos a sorte de pasar unha xornada enteira desfrutando dos xogos de Brazolinda.
 


A proposta educativa de Brazolinda baséase no uso do xogo como ferramenta de aprendizaxe, convivencia e transmisión da cultura galega. A través dos seus xogos, o alumnado desenvolve habilidades como o razoamento, a observación, a motricidade, a cooperación e a comunicación. Ademais, os materiais están deseñados en galego e incorporan aspectos da nosa tradición, da mitoloxía e do patrimonio cultural, contribuíndo á normalización da lingua dun xeito lúdico e motivador. Brazolinda promove unha aprendizaxe activa e compartida, na que nenos, nenas e persoas adultas poden aprender e divertirse xuntos, fortalecendo os lazos sociais e o gusto polo noso patrimonio cultural.
 
 Todas as nenas e nenos da escola desfrutaron dunha xornada diferente chea de xogos, miradas compartidas e aprendizaxes!!

jueves, 14 de mayo de 2026

A SENDA DE FRIAN





As mochilas viaxeiras deste curso levan a proposta da decoración de pedras en familia, con motivos da horta. O obxectivo é crear a Senda de Frian entre toda a comunidade escolar, para decorar a nosa horta.
Hoxe o voluntariado da biblio, con todas as pedras decoradas polas familias, elaboraron unha bonita senda en espiral.

Grazas familias polo voso traballo e colaboración!!

QUINCENA CULTURAL DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS: INSTALACIÓN ARTÍSTICA

 Durante a Quincena Cultural do Libro e das Letras Galegas levamos a cabo unha instalación artística colaborativa. Na entrada de Educación Primaria colgamos os personaxes de contos preferidos polo alumnado. 

Cada clase, elixiu un personaxe de conto por consenso e realizou esta proposta que fomenta a creatividade, o traballo en equipo e a expresión artística, ademais de dar vida a persenaxes de historias que coñecen ou son impostantes para eles e elas.

Houbo moita variedade como podedes comprobar:

              

Así quedou a nosa instalación artística dos personaxes favoritos do alumnado:

Os nosos personaxes favoritos xiran na nosa entrada e lembran miles de aventuras e historias:
BO TRABALLO FRIAN!!