O alumnado de terceiro de primaria realizou a lectura colectiva do libro Refugallo o espantallo, e hoxe tiveron a sorte de contar cun obradoiro da súa autora, Irene Alonso.
Irene Alonso cóntanos a historia de Comba, unha nena especial que sofre bulling na escola porque sempre está recollendo materiais de refugallo para facer un espantallo. A idea do libro é falar da reutilización dos materiais.
Neste obradoiro realizaron xogos e remataron coa realización dunha manualidade. Como non podía ser doutro xeito fixeron unha buxaina reutilizando tapas de botellas plásticas.
GRAZAS IRENE ALONSO POLO TEU TRABALLO!

.jpg)
.jpg)
.jpg)


No hay comentarios.:
Publicar un comentario