jueves, 24 de octubre de 2024

MOCHILAS VIAXEIRAS CURSO 2024-2025













Seguimos como cada curso co empréstito de mochilas viaxeiras para as familias cunha duración de 10 días.

No interior da mochila inclúense fondos varios en galego, castelán e inglés; libros sobre o PDI, libros de consulta, películas, revistas e libros para as familias.

Ademais, este curso a mochila introduce unha proposta para as familias sobre o PDI: "Mares e océanos, un recurso vital":

Dende a escola gustaríanos pedirvos axuda para traballar de maneira conxunta a concienciación sobre un tema tan importante como a contaminación dos mares e océanos con plásticos.

A proposta que vos facemos é que reutilicedes o plástico que consumimos de maneira que as nenas e nenos, coa vosa axuda, poidan elaborar un animal mariño para expor na nosa biblioteca e entre todos e todas formar o océano do Frian.

Deixámosvos algunhas ideas que vos poden inspirar, pero o mellor é que deixedes voar a vosa imaxinación e creatividade. 😉

Para coidar o noso planeta Terra,

antes que os plásticos cheguen ao mar

pensa unha idea para transformar e reutilizar.


Moitas grazas pola vosa colaboración!

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe na Escola celebramos o Día das Bibliotecas Escolares.

Foi un día moi especial porque inauguramos un novo espazo para a nosa biblioteca que non deixa de medrar e tivemos a sorte de desfrutar dun obradoiro da man de Federico Fernández. 

 Arrancamos así o noso PDI: Mares e océanos: un recurso vital

 



"As bibliotecas son portas a outras vidas"

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: GINCANA OCÉANOS DA TERRA

   

Para dar inicio á celebración do Día das Bibliotecas Escolares levamos a cabo unha pequena e sinxela xincana pola escola para unha primeira toma de contacto co tema deste curso e poder así xerar curiosidade e ganas de descubrir e aprender novas cousas. 

A través de catro probas o alumnado conseguiu unha peza do puzzle que forma a imaxe de Balea; álbum ilustrado que traballamos con Federico Fernández (ilustrador deste libro) con diferentes propostas segundo as idades: creación de animais mariños, personaxes (operarios), elaboración do fondo…


Antes de dar comezo ao obradoiro, o alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria leu o pregón:

Federico presentoulles o libro e despois fixo a proposta de poder imaxinar e crear, tendo en conta as diferentes idades, para entre todos e todas imaxinar a nosa balea. Como resultado conseguimos un libro-acordeón que é a primeira actividade colaboradora para a elaboración do noso PDI.



Nos seguintes vídeos, podedes ver un resumo da xornada:


 Educación Infantil


1º, 2º e 3º Educación Primaria


4º,v 5º e 6º  Educación Primaria

Estupendo resultado dun día moi emocionante cheo de vivencias compartidas!


 Grazas nenas, nenos, mestras e mestres! 

Grazas Federico por acompañarnos neste día tan especial!!

lunes, 21 de octubre de 2024

ESTREAMOS NOVA BIBLIOTECA!

 Este curso habilitamos un novo espazo para a nosa biblioteca, moito máis amplo e con máis recunchos para facilitar o seu uso a todos os usuarios e usuarias. Desde xeito damos cabida a máis fondos bibliográficos e a súa  organización é máis doada e efectiva.

Presentamos a nosa nova biblioteca:


 






















"Ler ábrenos unha fiestra ao mundo"


viernes, 18 de octubre de 2024

NO NOSO COLE SÓ... QUEDAN 7 DÍAS!!

Hoxe venres 18, os voluntarios e voluntarias da nosa biblioteca foron polas aulas do cole dando unha noticia moi especial… só faltan sete días para unha sorpresa moi emocionante no cole!!

 
 
 
SÓ FALTAN SETE DÍAS!!!!

martes, 15 de octubre de 2024

COMEZAMOS ANDAINA CO VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

Hoxe, durante a hora de recreo, convocamos ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria para explicarlles as funcións do voluntariado de Biblioteca e resolver as súas dúbidas, así como ler entre todos e todas o contrato: funcións, dereitos e deberes.




 

miércoles, 2 de octubre de 2024

INICIAMOS O PDI

 O PDI  desde ano chámase "Mares e océanos: un recurso vital" e para inicialo realizamos un mural colaborativo entre todos as aulas nas sesións de Art.