Para dar inicio á celebración do Día das Bibliotecas Escolares levamos a cabo unha pequena e sinxela gincana pola escola para unha primeira toma de contacto co tema deste curso e poder así xerar curiosidade e ganas de descubrir e aprender novas cousas.
A través de catro probas o alumnado conseguiu unha peza do puzzle que forma a imaxe de Balea; álbum ilustrado que traballamos con Federico Fernández (ilustrador deste libro) con diferentes propostas según as idades: creación de animais mariños, personaxes (operarios), elaboración do fondo…
Antes de dar comezo ao obradoiro, o alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria leu o pregón:
Federico presentoulles o libro e despois lles fixo a proposta de poder imaxinar e crear, tendo en conta as diferentes idades, para entre todos e todas imaxinar a nosa balea. Como resultado final conseguimos un libro-acordeón que é a primeira actividade colaborativa para a elaboración do noso PDI.
Nos seguintes vídeos, podedes ver un resumo da xornada:
Educación Infantil
1º, 2º e 3º Educación Primaria
4º,v 5º e 6º Educación Primaria
No hay comentarios.:
Publicar un comentario