Seguimos como cada curso co empréstito de mochilas viaxeiras para as familias cunha duración de 10 días.
No interior da mochila inclúense fondos varios en galego, castelán e inglés; libros sobre o PDI, libros de consulta, películas, revistas e libros para as familias.
Ademáis, este curso a mochila introduce unha proposta para as familias sobre o PDI: "Mares e océanos, un recurso vital":
Dende a escola gustaríanos pedirvos axuda para traballar de maneira conxunta a concienciación sobre un tema tan importante como a contaminación dos mares e océanos con plásticos.
A proposta que vos facemos é que reutilicedes o plástico que consumimos de maneira que as nenas e nenos, coa vosa axuda, poidan elaborar un animal mariño para expor na nosa biblioteca e entre todos e todas construir o oceáno do Frian.
Deixámosvos algunhas ideas que vos poden inspirar, pero o mellor é que deixedes voar a vosa imaxinación e creatividade 😉
Para coidar o noso planeta Terra,
antes que os plásticos cheguen ao mar
pensa unha idea para transformar e reutilizar.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario