domingo, 28 de febrero de 2021

OBRADOIRO DE RADIO ESCOLAR " PONTE NAS ONDAS"

 Este venres 26 de febreiro recibimos a visita de 

"Ponte nas ondas" para a realización dun obradoiro de Radio Escolar.

Nesta ocasión puideron gozar desta formación os grupos de 6º e 5º A que despois pasarán a formar ao resto de alumnado do centro.

A formación durou ao longo de toda a mañá. Realizáronse obradoiros de Audacity, tratamento do son , técnicas de voz e podcast,elaboración dunha escaletaa e grabación dun programa de radio. Seguindo todas as medidas e protocolos Covid levamos a cabo diferentes grupos en horarios diferentes.

Aquí vos deixamos unha mostra do moito que aprendemos e gozamos coa experiencia!!!!

https://go.ivoox.com/rf/66346137



viernes, 26 de febrero de 2021

QUERIDA ROSALÍA

  O 24 de febreiro é un día moi especial para nós os galegos. Onde homenaxeamos a nosa maior representante na literatura galega. O Equipo de Dinamización preparou un banco de recursos e todos os cursos recitaron poemas de Rosalía. 


viernes, 19 de febrero de 2021

1ºA E PASATEMPOS DE CINE

Os nenos e as nenas de 1º A estivemos traballando moitos pasatempos relacionados co tema do cine. Divertímonos moito facendo: quebracabezas, busca as diferencias, labirintos, sopas de letras, une os puntos... e todos estos pasatempos os fixemos  cos nosos personaxes favoritos do mundo do cinema. Queremos compartir con todos vós o noso traballo.


Esperemos que o desfrutedes!!



 GRAZAS  1ºA


   Bo traballo!!

                                                           

sábado, 13 de febrero de 2021

CELEBRANDO O DÍA MUNDIAL DA RADIO NO FRIAN

 Neste primeiro curso participando no proxecto Radio Escolar non quixemos deixar a oportunidade de conmemorar o día mundial da radio este 13 de febreiro. Participamos con Rede Espora e a Unesco nunha iniciativa fantástica dando voz as vivencias dos nosos maiores  e tamén levamos a cabo o noso primeiro programa da radio coa iniciativa de Ponte nas Ondas para festexar este día.


Aquí vos deixamos a recopilación de todos estos materiais que esperamos disfrutedes e vós gusten tanto como a nós. Isto é só o comezo dunha andaina trepidante no mundo da radio que nos encanta e nos motiva.

FELIZ DÍA DA RADIO!!!

jueves, 4 de febrero de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO POLA UNESCO : 13 DE FEBREIRO





Dende a Rede Espora nos convidan a xuntar as nosas voces para festexar este día.Por iso pensamos que o alumando entreviste na casa a un familiar doutra xeracion : pais/nais, avós/avoas, bisavó/bisavoa... facéndolle as seguintes preguntas:


  • Cando eras pequeno/a, cal era o teu programa favorito de radio?
  • Onde escoitabas a radio?
  • Ao comezo da entrevista pediranlle que digan o seu nome e apelidos.Só se entrevistará a unha persoa por neno/a. A participación terá carácter voluntario.

Dende o Frian faremos unha recopilación destas entrevistas ,que como vedes non vos levarán moito tempo e serán publicadas pola nosa radio e tamén no soporte da UNESCO.

Tendes que enviar a entrevista ( só audio) ao correo biblioteca@ceipfrianteis.com como máximo o día 9 de febreiro. Animádevos a participar e a dar vida a nosa radio escolar .

Unha aperta familias!!! Imos darlle voz aos nosos maiores!!!





martes, 2 de febrero de 2021

3ºA E A PELÍCULA MUSICAL GREASE!

Os nenos e nenas de 3º A estivemos traballando no noso PDI a película musical “Grease”. Neste vídeo interpretamos un rap especialmente composto para esta ocasión. Como non podía ser doutro xeito, tamén diseñamos unha coreografía coa que vos invitamos a descubrir este clásico musical! 

Esperemos que o desfrutedes!!



                                                  GRAZAS  3ºB


                                                   Bo traballo!!

                                                           


lunes, 1 de febrero de 2021

SEGUIMOS CREANDO RECURSOS

 No FRIAN o PDI deste curso " Un ano de película" nos apaixona .Por iso non deixamos de crear recursos para o noso alumnado e todo aquel que queira aprender un pouco máis do sétimo arte.

O Equipo de Infantil preparou un recurso fantástico relacionando o seu Proxecta " Amigos de corazón" co PDI do cole , onde traballan as mascotas máis famosas do cine.

A súa vez o Departamento de Inglés elaborou recursos sobre o cine en inglés que non deixarán indiferente a ninguén,titulado " About cinema".

A disfrutar de todos estes recursos!!!!Disfrutemos dun ano de cine!!!!