jueves, 4 de febrero de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO POLA UNESCO : 13 DE FEBREIRO





Dende a Rede Espora nos convidan a xuntar as nosas voces para festexar este día.Por iso pensamos que o alumando entreviste na casa a un familiar doutra xeracion : pais/nais, avós/avoas, bisavó/bisavoa... facéndolle as seguintes preguntas:


  • Cando eras pequeno/a, cal era o teu programa favorito de radio?
  • Onde escoitabas a radio?
  • Ao comezo da entrevista pediranlle que digan o seu nome e apelidos.Só se entrevistará a unha persoa por neno/a. A participación terá carácter voluntario.

Dende o Frian faremos unha recopilación destas entrevistas ,que como vedes non vos levarán moito tempo e serán publicadas pola nosa radio e tamén no soporte da UNESCO.

Tendes que enviar a entrevista ( só audio) ao correo biblioteca@ceipfrianteis.com como máximo o día 9 de febreiro. Animádevos a participar e a dar vida a nosa radio escolar .

Unha aperta familias!!! Imos darlle voz aos nosos maiores!!!





No hay comentarios.:

Publicar un comentario