domingo, 28 de febrero de 2021

OBRADOIRO DE RADIO ESCOLAR " PONTE NAS ONDAS"

 Este venres 26 de febreiro recibimos a visita de 

"Ponte nas ondas" para a realización dun obradoiro de Radio Escolar.

Nesta ocasión puideron gozar desta formación os grupos de 6º e 5º A que despois pasarán a formar ao resto de alumnado do centro.

A formación durou ao longo de toda a mañá. Realizáronse obradoiros de Audacity, tratamento do son , técnicas de voz e podcast,elaboración dunha escaletaa e grabación dun programa de radio. Seguindo todas as medidas e protocolos Covid levamos a cabo diferentes grupos en horarios diferentes.

Aquí vos deixamos unha mostra do moito que aprendemos e gozamos coa experiencia!!!!

https://go.ivoox.com/rf/66346137



No hay comentarios.:

Publicar un comentario