viernes, 8 de mayo de 2026

QUINCENA CULTURAL DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS: SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

OBRADOIRO DE JOSÉ VALTIERRA:

"SABERES E SABORES"

Seguimos coa Quincena Cultural do Libro e das Letras Galegas, e nesta semana tivemos a sorte de contar no noso cole cun obradoiro da man de José Valtierra. 

O alumnado adentrouse nun bosque de memorias, prácticas e saberes antiguos, que son a raíz dos nosos coñecementos modernos.

Exploraron árbores, plantas e fungos para obter unha visión experimental da riqueza da natureza que é un dos  obxectivos do PDI deste curso: Sementamos e recollemos vínculos, cos pés na terra.


Acompañado do seu amigo Paco, José convertiu o noso cole nun auténtico museo natural.





Ensinou a todo o alumnado a recoñecer árbores e plantas e explicoulles as súas aplicacións e utilidades  ao longo da historia, amosando a  riqueza que nos proporciona o mundo vexetal á nosa vida cotiá. 
Foi unha experiencia moi motivadora e práctica, no que o alumnado estivo en todo momento implicado e participando dos saberes da natureza.
Compartimos os momentos máis especiais que pasamos neste obradoiro:
 







GRAZAS JOSÉ VALTIERRA POR COMPARTIR O TEU AMOR Á NATUREZA CO NOSO COLE!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario