jueves, 7 de mayo de 2026

QUINCENA CULTURAL DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS: 7 DE MAIO

 RUTA LITERARIA POLO BARRIO DE TEIS

Seguimos coas actividades da Quincena Cultural do Libro e das Letras Galegas

Hoxe, os nenos e nenas de Educación Infantil saíron a visitar o barrio de Teis coa iniciativa proposta pola Asociación de Comerciantes con motivo da semana do libro. 

Fixeron un percorrido polos diferentes comercios buscando fragmentos de libros coñecidos: Alicia no país das marabillas, Hansel e Gretel,...

    

            

        

            


Remataron na libraría "La Guía" para mercar algunhas novidades para a nosa biblioteca.

Que ben o pasaron coñecendo o noso barrio!!

           

GRAZAS COMERCIANTES DE TEIS POLA INICIATIVA!!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario