viernes, 24 de abril de 2026

QUINCENA CULTURAL DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS: 24 DE ABRIL

 APADRIÑAMENTO LECTOR

O alumnado voluntario da biblioteca durante a Quincena Cultural do Libro e das Letras Galegas, cada mañá, anuncia por megafonía a orde do día. Informan das actividades a realizar na xornada para unha mellor organización.

Prestade moita atención: 


O Apadriñamento Lector é unha experiencia para o fomento da lectura, pero que conleva outras aprendizaxes significativas a partir de emocións que xorden da cooperación e a creación de lazos afectivos entre o alumnado.

Hoxe o alumnado estaba dividido en padriños e madriñas lectores por unha banda, e pola outra banda, estaban os afillados e afilladas. Viñeron disfrazados ou caracterizados de personaxes de contos.

Este ano non houbo intercambio de agasallos, o agasallo foi compartir un almorzo de brochetas de froitas.
Todas e todos xuntos, padriños e madriñas cos seus afillados e afilladas, prepararon o almorzo: cortaron a froita, fixeron as brochetas e almorzaron en compañía.




Así resultou o noso almorzo:

Despois compartiron o recreo xuntos e a continuación chegou o tempo da lectura. Cada parella elixiu un recuncho no patio e  deixaron voar a imaxinación coa lectura dos contos.
Así resultou o apadriñamento lector:

Rematamos a xornada, como non podía ser de outro xeito, cantando e bailando contos. O voluntariado da biblioteca preparou un flashmob do grupo Migallas.



Grazas Frian!!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario