FRIAN CHALLENGE PREPARANDO A NOSA HORTA!
NOVEMBRO 2025
As ferramentas para traballar na horta
Imos poñernos mans á obra para comezar a nosa horta! Pero antes de sementar, temos que preparar ben a terra: quitar as herbas, remexela e deixala lista para plantar. Iso require traballo e… boas ferramentas!
Antigamente, os labregos e labregas traballaban coa forza das súas mans e con ferramentas moi sinxelas, feitas de madeira ou ferro.
👉 E agora vén a primeira pregunta do noso concurso:
SABES QUE FERRAMENTAS USABAN AS PERSOAS HAI MOITO TEMPO PARA SEMENTAR E RECOLLER OS SEUS CULTIVOS?
*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou no caixa de correos da biblioteca!!
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!

Os alumnos e alumnas de 5ºA sabemos que algunhas ferrramentas utilizadas hai moito tempo eran: o sacho, o anciño, a pala e a fouce.
ResponderBorrarO alumnado de 6ºB preguntamos ás nosas familias e falaronnos da fouce, o rastrexo, o arado, a pala, o sacho, a regadeira, as tixeiras para podar e os guantes.
ResponderBorrar