Hoxe no noso cole non foi un luns calquera. Tivemos a sorte de recibir un dos mellores agasallos que pode chegar a unha escola: libros. E o máis importante foi que os enviou: unha persoa moi especial. Nada máis e nada menos que a nosa madriña da biblioteca: Ledicia Costas.
Xa temos a primicia de contar cos libros de A tenda de xoguetes e Bruxas e dragóns e ademais dedicados.
Grazas Ledicia por lembrarte de nós e agasallarnos cos teus maravillosos libros que permiten que o noso alumnado descubran mundos cheos de fantasía.



.gif)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario