viernes, 20 de junio de 2025

EXPOSICIÓN DO PDI NA CONVIVENCIA DE FINAL DE CURSO

 Hoxe, realizamos unha convivencia de final de curso coas familias. 

Remata o curso e polo tanto tamén finaliza o noso PDI deste curso: "Mares e océanos: un recurso vital". Como non podía ser de outro xeito, realizamos unha exposición con todos os nosos traballos despois de realizar cada aula o seu proxecto documental. Seguindo as pautas de procura e selección da información no segundo trimestre e plasmando no terceiro trimestre a elaboración das nosas investigacións nun produto final.

Repartimos a exposición en tres espazos do cole:

- Nos corredores expuxemos os traballos realizados nas sesións de Art:





-Nas escaleiras instalouse: "O camiño dos faros en Galicia"





             -E na biblioteca expuxéronse os traballos das aulas:





















EXCELENTE TRABALLO FRIAN!!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario