Hoxe tivemos a sorte de contar cun obradoiro, para os nenos e nenas de 1º de Educación primaria, da man da Asociación Aspanaex. Esta asociación traballa a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual. A súa misión é que cada persoa leve a cabo o seu proxecto de Calidade de Vida.
A través dun conto os usuarios explicaron a que se dedican, como son as súas profesións e en que consisten.
Foi un obradoiro inesquecible no que o alumnado aprendeu o valor de desenvolver unha actividade como proxecto de calidade de vida.
Grazas Aspanaex por compartir as vosas experiencias!!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario