Esta semana visitou o cole a Fundación da Santa Cruz dentro do proxecto de dinamización comunitaria "Embárriate Teis: encontros nos patios". A través da dinamización comunitaria pretenden promover a integración e a colaboración entre residentes do centro de acollida da fundación (persoas en situación de exclusión social e/ou con problemas de saúde mental) e a comunidade escolar.
Os residentes, acompañados da súa educadora, Uxía, realizaron un obradoiro co obxectivo de fomentar valores como a resiliencia, a empatía e o traballo cooperativo a través dun obradoiro socioeducativo. A actividade contou con dúas partes:
Primeiro levaron a cabo un contacontos co libro "Rita non se rende" de Tom Percival. Esta historia serviu de ferramenta para traballar o concepto de resiliencia, superpoder que nos permite afrontar desafíos con fortaleza.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario