martes, 5 de noviembre de 2024

NOVO CONCURSO: CHALLENGE FRIAN

Ola rapazas e rapaces do Frian:
Comeza un novo curso na nosa biblioteca e con él unha nova aventura e un novo concurso de preguntas. Este ano trátase dunha viaxe virtual na que aprenderemos unha morea de cousas relacionadas cos océanos e mares da terra.
A primeira gran expedición oceanográfica dedicada ao estudo científico dos océanos foi, sen dúbida, a realizada polo buque HMS Challenger entre 1872 e 1876.
Foi organizada especificamente para recoller datos sobre unha ampla gama de características do océano, incluíndo temperaturas do océano, química da auga mariña, correntes, vida mariña e xeoloxía do fondo mariño.

Propoñemosvos realizar a nosa propia expedición “Frian Challenge” para entre todas e todos ir descubrindo curiosidades sobre os océanos e mares do noso planeta.

As instrucións do xogo serán:

1. Cada mes, no blog https://ossonhosdefriancinho.blogspot.com/ atoparedes unhas preguntas sobre as cales deberedes investigar para acadar a resposta correcta.

2. Cando teñades as respostas poderedes envíalas de dúas formas:

• Facendo un comentario na entrada do blog da biblioteca.

• Depositando as vosas repostas por escrito na caixa de correos que atoparedes fóra da biblioteca. Neste caso, non esquezades indicar o voso nome e curso na vosa resposta.

3. Repartiremos un mapamundi por aula no que con axuda das vosas mestras e mestres iredes rexistrando a vosa particiopanción e o percorrido polos mares e océanos. 

Se queredes acadar o voso premio non vos esquezades de participar!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario