lunes, 25 de noviembre de 2024

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Non nos cansaremos de insistir sobre a importancia de abordar o tema da violencia de xénero para educar na non violencia.

 Para tentar poñer fin a esta lacra e lembrar a importancia de convivir de xeito positivo, realizamos as seguintes actividades: 

- Un mural colaborativo baixo o lema:

 “A violencia de xénero non navega nos nosos mares”. 

- Este mural enchémolo de barcos feitos de papiroflexia, un por aula, cun lema para potenciar a loita contra a violencia de xénero.

- Un acto reivindicativo do 25-N. 

Para afondar nesta temática e darlle sentido á actividade, todas as aulas realizaron debates e charlas nas que o alumnado participou para facerse consciente da importancia de abordar a violencia de xénero dende unha perspectiva sociocomunitaria, na que todos e todas sexamos axentes activos para tentar prevela, evitala e denunciala no caso de que apareza.

No acto reivindicativo cantamos todos e todas a canción de "Saír correndo " de Amaral. Cada neno e nena portou o seu barco cun lema propio para pedir unha sociedade máis xusta e sen violencia de xénero.

Compartimos un anaco deste acto:


BO TRABALLO FRIAN!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario