Xa estamos rematando o curso, pero aínda temos tempo de gozar practicando algunhas actividades novas dentro do programa XOGADE.
Nesta ocasión o Club Petanca Cabral visitou aos nosos alumnos para darnos a coñecer unha actividade deportiva non tan famosa.
O noso alumnado descubriu o material necesario para xogar á petanca (boliche, set de bolas, etc), as regras básicas do xogo e por último fixeron diversos xogos de puntería para aproximarse un pouco ao xogo real.
Sen dúbida, pensamos repetir o vindeiro curso, porque é un deporte moi interesante e doado de practicar.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario