Con humildade e cos pés na terra ,tivemos o pracer de recibir na nosa escola a Nico Rodríguez para descubrir todo o traballo que hai detrás da preparación duns Xogos Olímpicos, para falarnos da cultura do esforzo e do traballo en equipo.
Grazas a Nico por transmitir con tanta paixón e cercanía ao noso alumnado a túa profesión e amor polo mar e por compartir con todos nós a túa medalla olímpica. Foi un agasallo!!!
" O deporte ten o poder de cambiar o mundo. O poder de inspirar. Ten o poder de unir á xente como poucas cousas poden facer. Fálalle á mocidade nun idioma que entenden. O deporte pode crear esperanza onde só había desesperación" Nelsón Mandela.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario