sábado, 17 de febrero de 2024

CHUS LAGO E FATA VISITAN O FRIAN

 Este venres tivemos a sorte de contar coa visita de Chus Lago,alpinista e escritora . Pero non chegou soa. ,senòn acompañada polo inuit Tocolito, que nos fixeron viaxar ao Ártico, pescar en piragua polas súas xeadas augas, voar en globo e vivir a marabillosa experiencia de entrar nun iglú gozando das auroras boreais.

Grazas Chus Lago por compartir connosco todas as túas aventuras e ensinarnos que crer nun mesmo, perseguir o que nos gusta e dedicar esforzo e constancia para acadar o éxito persoal (que non sempre é o éxito que recoñecen os demais) é o verdadeiro camiño.

Sorte co novo libro e esperamoste cando queiras!




No hay comentarios.:

Publicar un comentario