martes, 30 de enero de 2024

DÍA DA ILUSTRACIÓN 30 DE XANEIRO

Este 30 de xaneiro coincidindo co día da Paz , celébrase o día da ilustración. Un día moi especial para todas as bibliotecas escolares xa que sen ilustracións os contos e libros non serían o mesmo. Por iso dende a biblioteca do Frian quixemos preparar unha pequena mostra dos albumes ilustrados cos que contamos na nosa biblioteca. Diferentes clases visitaron a exposición e fixeron actividades variadas sobre a ilustración: lectura de contos, distinguir entre debuxo e ilustración,creando ilustracións a través de contos.

















No hay comentarios.:

Publicar un comentario