O día 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. O Departamento de Orientación realizou diferentes dinámicas e actividades para traballar en todos os cursos de Educación Infantil e Primaria.
En toda a etapa de Infantil traballouse o conto "Hoy no juegas" onde o alumnado realizou un mural colaborativo titulado "No Ceip Frian Teis xogamos todos", con diferentes debuxos dos nenos/as xogando entre eles.
En Educación Primaria traballaron a través de diferentes curtametraxes. No 1º ciclo, "El Erizo" e no 2º ciclo "Liga contra el Bullying". Ademáis os cursos de 4º de Educación Primaria realizaron un mural conxunto sobre como parar o acoso escolar. Finalmente o alumnado de 3º ciclo realizou a dinámica "Mundo de cores" coa orientadora do centro.
Moi bo traballo rapazada!! PAREMOS XUNT@S O ACOSO ESCOLAR!!!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario